Páxinas

martes, 11 de febreiro de 2025

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Neste día en que recoñecemos o papel fundamental das mulleres na comunidade científica e na tecnoloxía, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos lembrarvos que a ciencia e a tecnoloxía funcionan moi ben en galego e que desexamos ver cada vez mais e mais mulleres e nenas facendo ciencia en galego. E para iso, deixámosvos este vídeo de Cintia Folgueira, científica no Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares en Madrid, onde nos deixa unha mensaxe moi clara.
Feliz Día da Muller e da Nena na Ciencia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario