Como sabedes, o 23 de febreiro comemórase o Día de Rosalía, lembrando a data do nacemento da autora. Todos os anos, comemoramos a Rosalía, nunca é suficiente o moito que podamos festexar á autora, pero nós tentamos, na nosa humildade, homenaxear a súa figura todos os anos.
Este ano, no IES Milladoiro, fixemos unha lectura na biblioteca de textos da autora e un grupo de alumnas e un alumno do EDLG levou á gala de Rosalía organizada polo concello de Ames unha adaptación teatralizada do texto "As literatas", un texto publicado por p.rimeira vez no Almanaque de Galicia de Lugo, no 1865. Rosalía fala nel dos prexuízos sociais que dificultan que as mulleres se dediquen á tarefa literaria.
Deixámovos aquí unha mostra de como foron estas actividades, e ademais, un enlace onde podedes escoitar algúns dos poemas rosalianos musicados por artistas galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario