Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Radio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Radio. Amosar todas as publicacións

venres, 7 de febreiro de 2025

Novos programas na nosa radio

A nosa radio segue funcionando cos diferentes programas deste ano, e agora xa podedes desfrutar de dous novos programas. As nosas "Emprendedoras galegas" fálannos do Día Europeo das Linguas, que se celebrou o 26 de setembro e as nosas compañeiras e compañeiro de 4º, Zoe, Alicia e Manuel, ensinánnos a facer lasaña. Non perdades os programas novos:



luns, 2 de decembro de 2024

Comenzamos coa formación


 Aínda que no EDLG do noso instituto temos xa un equipo de alumnado con moita experiencia na radio, seguimos formándonos para facer cada vez mellores programas. Este curso xa comenzamos coa formación técnica para introducir o novo alumnado na gravación e edición de programas e, tamén, cun curso máis especializado para que os nosos técnicos e técnicas poidan ter cada vez máis recursos. O noso formador, Chema, asegúranos que hai madeira!





xoves, 21 de novembro de 2024

Novo programa en Vozes da Lusofonía

 Hoxe traémosvos un novo programa de "Vozes da Lusofonia". Nesta ocasión, o alumnado de portugués de 2º de Bacharelato, lembra o 20 de novembro, Dia da Consciência Negra no Brasil, e lémbrao coa poesía das seguintes autoras e autores:

Conceição Evaristo

Ricardo Aleixo

Abreu Paxe

Noemia de Sousa

José Luis Tavares

Odete Semedo

Alda Neves de Graça


luns, 28 de outubro de 2024

Chegou o Samaín á radio!

 Pois xa temos o primeiro programa do curso, Aldara, Uxía e Lara, de 2º da ESO, ofrécennos neste primeiro episodio do seu programa "Falando coa lúa" un interesante percorrido pola tradición do Samaín, pola súa historia e as características da súa tradición. Non perdades o programa!