Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Modo Galego Actívao. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Modo Galego Actívao. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de febreiro de 2025

Modo galego activado coas nosas músicas e músicos

 O alumnado de 2º ESO B levou moi en serio o reto do Modo galego actívao, falou en galego? Falou. E, sobre todo, conseguiu que moitos músicos e músicas lles deixasen este saúdo animándovos a todas e todos a que activedes o modo galego! Navegade por estes vídeos, que aquí hai para todos os gustos, hai rock, hai folk, hai clásico, hai regueifa e hai blues... e, sobre todo, hai galego!




 




































domingo, 2 de febreiro de 2025

Músicas e músicos que nos convidan a activar o modo galego!

 As alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO tomaron moi en serio o reto do Modo Galego Actívao! Na primeira semana, conseguiron o compromiso de moita xente que asinou con elas para mostrar que si, que ian facer o esforzo de ser cada vez máis activas no uso do galego. E agora, chegánnos tanto de 1º como de 2º, estes saúdos de varios fantásticos e queridos artistas que nos animan a seguir co modo galego activado. Facede caso!











mércores, 22 de xaneiro de 2025

Charla Manuel Núñez Singala

 Como primeira actividade da campaña "Modo Galego Actívao", tivemos a inmesa sorte de contar con Manuel Núñez Singala, director do Servizo de Normalización Lingüística da USC e escritor, para falarnos das oportunidades fantásticas que nos dá vivir nun país onde podemos ter dominio de dúas linguas con moi pouco esforzo. Por iso, convidounos a todos e a todas a activar o "modo galego" nas nosas vidas e vivir en galego con alegría nunha charla interesante e divertida.




 

No IES Milladoiro activamos o "Modo Galego"

 







O alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Milladoiro comenzou este luns, 20 de xaneiro, a activar o "modo galego" coa campaña que a RAG e o concello de Ames promove co nome de "Modo Galego Actívao".
Podes seguir a campaña na súa páxina web e a participación do noso instituto neste blog do EDLG.