As alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO tomaron moi en serio o reto do Modo Galego Actívao! Na primeira semana, conseguiron o compromiso de moita xente que asinou con elas para mostrar que si, que ian facer o esforzo de ser cada vez máis activas no uso do galego. E agora, chegánnos tanto de 1º como de 2º, estes saúdos de varios fantásticos e queridos artistas que nos animan a seguir co modo galego activado. Facede caso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario