Páxinas

luns, 18 de novembro de 2024

Entrega de premios "As imaxes do patrimonio"


 O venres día 15 de novembro, un grupo de alumnos e alumnas do noso instituto acompañou a Iago Varela, membro do EDLG e gañador dun accésit na VII Edición do Certame "As imaxes do patrimonio" organizado por Ponte... nas ondas!

A participación foi feita na categoría de podcast, o podcast premiado pódese escoitar aquí. Ademais, podedes consultar o resto dos premiados nesta publicación e ver todas as fotos do certame aquí.

A gala do día 15 de novembro, que se celebrou no Auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valadares en Vigo, déixanos imaxes da participación do noso alumnado que vos deixamos agora no blogue para ter unha pequena idea de como foi o día.

Parabéns a Iago Varela!










Ningún comentario:

Publicar un comentario