Páxinas

mércores, 19 de febreiro de 2025

Lemas polo galego: activa o modo galego

 Pois a rapazada non só convenceu a moitas persoas de activar o modo galego e a músicas e músicos para que nos animasen na campaña, tamén creou lemas polo galego. Lede e facédelles caso! Hai ata lemas feitos canción!

Desde 2º B achegánnos moitos lemas que vos deixamos aquí:

Saca a lingua que levas dentro! Dá igual onde, fala galego! Sexas galego ou non, se falas galego non pidas perdón! Únete ao galego, fala do que somos.

E ata nos achegan unha canción composta por Marina Zapardiel:




E desde 2º C, achégannos lema con imaxe:



Tamén nos chegaron lemas de 1º ESO B








Ningún comentario:

Publicar un comentario