Páxinas

mércores, 19 de febreiro de 2025

Andaina polo Mar de Ovellas a través dun poema de Rosalía

 Este martes, 18 de febreiro, o alumnado de 3º da ESO A, D e E tivo a oportunidade de facer unha saída didáctica que xuntaba o teatro con unha ruta a pé polo Mar de Ovellas. Organizado polo concello de Ames e acompañados dos Quinquilláns que teatralizaron o poema "A probiña que está xorda...", o grupo de alumnado tivo a oportunidade de descubrir a relación da autora co val da Mahía. Viva Rosalía!












Ningún comentario:

Publicar un comentario