Seguimos coas actividades, nesta ocasión tivemos unha charla-obradoiro a cargo de Borxa, o creador da comunidade "Orgullo galego" que nos trouxo ao centro moita información sobre a presenza do galego nas redes, ademais de animarnos a ser nós tamén creadoras de contidos en galego.
A charla foi organizada polo concello de Ames a través do Servizo de Normalización do concello e da concellaría de Mocidade. Tamén aproveitamos para animar o alumnado a participar no V Certame de Galetiktokers.
Ningún comentario:
Publicar un comentario