Páxinas

luns, 21 de outubro de 2024

Comezamos o curso 24-25

 


Este curso 24-25 comezou forte, un grupo amplo de rapazada está xa moi activo no EDLG do noso IES fazendo programas de radio e participando nas actividades. Unha das primeiras actividades que programas é a do "Voluntariado lingüístico" que consiste, nin máis nin menos, que en falar! Xuntamos rapaces e rapazas galegofalantes con alumnado novo que chegou doutros países ou doutros lugares de España para que se coñezan e aprendan a nosa lingua. Poñemos así en funcionamento os recreos con lingua, eses recreos serán sempre os xoves, no primeiro recreo, onde a rapazada se xunta no punto de encontro cos seus carnés de voluntarios e voluntarias e a falar! E como non podería ser menos, a participación ten premio. Se chegan aos 8 recreos con lingua, terán dereito a un vale para unha consumición na cafetería. Estás a tempo de anotarte aos recreos con lingua, só tés que escribirnos ao correo electrónico do equipo: endlmilladoiro@gmail.com ou aparecer os xoves no primeiro recreo no punto de encontro, na entrada do centro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario