Páxinas

martes, 21 de xaneiro de 2025

Concurso "Castelao Vive"


No Ano Castelao  o EDLG do Milladoiro convoca o concurso "Castelao Vive", anímate a participar.






 BASES DO CONCURSO “CASTELAO VIVE”

 1. Poderá participar todo o alumnado do centro de forma individual ou en grupo. 

2. Haberá tres categorías: 

○ Categoría 1: 1º e 2º da ESO

○ Categoría 2: 3º e 4º da ESO

○ Categoría 3: Bacharelato 

3. Poderanse entregar cantos traballos se desexe. 

4. Os traballos deberán responder aos seguintes requisitos: 

○ Seleccionarase un ou varios deseños de Castelao que se poden encontrar tanto na biblioteca do centro como na colección de Abanca ou na Fundación Castelao. 

○ Actualizarase tanto a imaxe como o deseño para que sexa aplicable ao mundo actual. Se se escolle unha imaxe sen mensaxe, pódese incluír unha nova. 

○ O conxunta da viñeta debe ter un espírito crítico que analice algún aspecto da sociedade actual, tanto da contorna como do mundo global. 

○ Deberase entregar tanto o orixinal de Castelao que inspirou a actualización como o deseño actualizado no correo endlmilladoiro@gmail.com antes do 14 de febreiro. Os traballos deberán ir identificados co nome do autor/a, ou dos/as autores/as no caso de ser máis de un, e o curso e grupo. 

5. Un xurado formado por profesorado, alumnado e traballadores/as do centro, decidirán os deseños gañadores que terán os seguintes premios: 

○ Un premio de 30€ por categoría, nun vale para gastar en material de librería. 

○ O xurado poderá conceder un accésit de 15€ por categoría se hai máis de un traballo de calidade

Ningún comentario:

Publicar un comentario