Páxinas

luns, 9 de xuño de 2025

Modo galego actívao: falar galego compensa!



O pasado 6 de xuño, o alumnado que participou na campaña "Modo galego actívao" organizada polo concello de Ames e que conseguiu de forma máis do que efectiva levar a cabo os retos propostos e aumentar o seu uso do galego, tivo este 6 de xuño a súa recompensa. 

O grupo pasou unha xornada de divertimento e aprendizaxe en Santiago de Compostela, onde primeiro se exercitaron libremente nas plataformas de saltos, despois visitaron a moi interesante exposición de Orixes na Cidade da Cultura e, finalmente, aprenderon un pouco máis sobre a nosa tradición popular na exposición da Biblioteca de Galicia titulada "Tesoureiras do noso". 

Falar galego non é só o que nos identifica na nosa terra, é que ademais compensa!





Revolução dos cravos, 25 de abril



 A comemoração dos 50 anos do 25 de abril, um acontecimento histórico para a democracia, também foi celebrada na IES do Milhadoiro, com uma ampla programação interdisciplinar que se desenvolveu desde o início de abril e culminou em um dia de atividades dedicado exclusivamente ao 50º aniversário | 25 de abril, conforme a programação:

• Criação de uma playlist com músicas atuais que considerem ter características de intervenção (protesto);
• Confeção de cravos;
• Recriação de slogans considerando causas mobilizadoras atuais;
• Criação de um mural fotográfico/vídeo/cartaz sobre democracia e liberdade;
• Seleção de obras literárias censuradas e leitura encenada de alguns fragmentos.
 
Alunado, professorado e comunidade educativa em geral participaram de atividades educativas e culturais dedicadas à compreensão e valorização do significado desta importante data.






martes, 11 de marzo de 2025

Premio InnovAmes para o EDLG

O pasado 7 de marzo, alumnado do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Milladoiro participou en InnovAmes cun proxecto que combina matemáticas e xogos para potenciar o pensamento lóxico e a análise de datos.

O noso equipo presentou un innovador proxecto baseado na estatística e conseguiu o 2º premio.

A través deste traballo, as/os estudantes exploraron o poder dos datos de forma creativa, aplicando conceptos estatísticos a un enfoque lúdico e didáctico. O recoñecemento en InnovAmes destaca o talento e esforzo do noso alumnado, así como a importancia da estatística no mundo actual.

Parabéns a todo o equipo polo éxito acadado! No IES do Milladoiro seguimos apostando pola innovación no ensino.








 



mércores, 26 de febreiro de 2025

O cambio climático na radio


Para conmemorar o día internacional da radio o noso alumnado grabou un debate sobre "O cambio climático" no que nos mostran esta realidade dende distintas prespectivas.

Comemoramos Rosalía de Castro

 Como sabedes, o 23 de febreiro comemórase o Día de Rosalía, lembrando a data do nacemento da autora. Todos os anos, comemoramos a Rosalía, nunca é suficiente o moito que podamos festexar á autora, pero nós tentamos, na nosa humildade, homenaxear a súa figura todos os anos.

Este ano, no IES Milladoiro, fixemos unha lectura na biblioteca de textos da autora e un grupo de alumnas e un alumno do EDLG levou á gala de Rosalía organizada polo concello de Ames unha adaptación teatralizada do texto "As literatas", un texto publicado por p.rimeira vez no Almanaque de Galicia de Lugo, no 1865. Rosalía fala nel dos prexuízos sociais que dificultan que as mulleres se dediquen á tarefa literaria. 

Deixámovos aquí unha mostra de como foron estas actividades, e ademais, un enlace onde podedes escoitar algúns dos poemas rosalianos musicados por artistas galegos. 











Na radio descubrimos o Entroido galego

 O programa "Falando con LUA" de Lara, Uxía e Aldara, traenos hoxe unha reportaxe sobre o Entroido en Galiza. 

martes, 25 de febreiro de 2025

Fallo do concurso Castelao Vive

 No día 21 de febreiro, reuniuse o xurado do concurso Castelao Vive para fallar o mesmo. Nas categorías 2 e 3 non houbo participantes, pero na categoría 1 non só participou moita xente, senón que participou con moita calidade, o que dificultou a decisión do xurado. Por iso, decidiron dar un premio e un accésit para esta categoría. Aquí tedes os traballos premiados:

PREMIO CATEGORÍA 1: Lara Fernández Portela, 2º ESO C


ACCÉSIT CATEGORÍA 1: Aldara Calvo García, 2º ESO B